viernes, 4 de junio de 2010

O dinosaurio e a viaxe en barco

O pai de Lucía e o avó de Samuel viñeron a nosa escola para contarnos cousas moi interesantes.
O pai de Lucía contounos a súa viaxe en barco a Uruguay cando tiña cinco anos,e o avó de Samuel falounos de como era a escola cando el era pequeno e de como aprendeu a debuxar ata chegar a facer debuxos tan chulos coma o dinosaurio que nos regalou.Tamén  vimos láminas de contos ilustradas por el , como as do conto O señor mago e a folla.
Se mirades as fotos veredes o atentos que estabamos e o ben que debuxabamos.