Xa vos contamos algunha que outra vez que nos encanta cociñar. Desta vez fixemos compota. Que rica estaba!!!
domingo, 7 de noviembre de 2010
Samaín e magosto
Non damos abasto con tanto como temos que celebrar. Asegúramosvos que a parte de andar de festa tamén traballamos moito. Outro día ensinaremosvos o ben, e o moito que traballamos. Ata ese momento, mirade que bonita quedou a exposición das cabazas e que ricas estaban as castañas.
domingo, 10 de octubre de 2010
Grandes cociñeiros e cociñeiras
Un pouquiño tarde, pero xa están aquí as fotos do fin de curso pasado!!!
Para celebralo convertimonos en grandes chefs e fixemos trufas.
Estaban boísimas.
Mirade como as fixemos
Para celebralo convertimonos en grandes chefs e fixemos trufas.
Estaban boísimas.
Mirade como as fixemos
Mentres que uns as facían, outros puñanse guapos para a festa e outros na clase de Begoña escoitaban e debuxaban contos
viernes, 4 de junio de 2010
O dinosaurio e a viaxe en barco
O pai de Lucía e o avó de Samuel viñeron a nosa escola para contarnos cousas moi interesantes.
O pai de Lucía contounos a súa viaxe en barco a Uruguay cando tiña cinco anos,e o avó de Samuel falounos de como era a escola cando el era pequeno e de como aprendeu a debuxar ata chegar a facer debuxos tan chulos coma o dinosaurio que nos regalou.Tamén vimos láminas de contos ilustradas por el , como as do conto O señor mago e a folla.
Se mirades as fotos veredes o atentos que estabamos e o ben que debuxabamos.
domingo, 30 de mayo de 2010
Festival letras galegas
Como todos os anos celebramos o día das Letras Galegas. Gustounos moito a obra de teatro que nos fixeron os de 5º e, sobre todo, gustounos "cantar" (moi alto, iso si, subidos mo escenario. Todos tentamos cantar a mesma canción o Cuco do álbum de Xose Lois Seixo.
miércoles, 5 de mayo de 2010
As formigas

"Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra."
Esta é a síntese da obra de teatro de Manuel Lorenzo adaptación do conto "A pedra e as formigas" de Jacobo Fernández Serrano que fomos ver representada pola compañia de teatro Casa Hamlet.
Este libro xa o leramos na clase e gustáranos moito.
Mirade que atentos e atentas estabamos e que ben o pasamos
domingo, 2 de mayo de 2010
María Pita
Unha das actividades ofertadas polo concello dentro do programa "COÑECER CORUÑA" é a visita a MARIA PITA .
Como veredes nas fotos os nenos /as pasáronno moi ben e aprenderon moitas cousas da historia da nosa cidade.
jueves, 22 de abril de 2010
Bonilla a la vista!
Coma se fosemos grumetes subidos ao pao maior da nosa carabela, o pasado 14 de abril iniciamos a nosa singradura máis longa. Iamos ata Arteixo. Xa en Sabón berramos todos: Bonilla a la vista!
As patacas estaban...
Mirade as fotos
lunes, 5 de abril de 2010
As foquiñas e nós
Tivemos moita sorte.
Cando fomos á Casa dos Peixes, as foquiñas sairon para intentar xogar con nós.
Vimos moitos peixes e ata vimos tiburóns!!!.
Mirade as fotos ...
jueves, 18 de febrero de 2010
O circo e os pallasos
Este ano no antroido todo o colexio era un circo (máis que de costume), as clases de infantil enchéronse de pallasos, as mestras de pallasas (elegantisimas)
Non o credes?
Pois mirade as fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)