domingo, 30 de mayo de 2010

Festival letras galegas

Como todos os anos celebramos o día das Letras Galegas. Gustounos moito a obra de teatro que nos fixeron os de 5º e, sobre todo, gustounos "cantar" (moi alto, iso si, subidos mo escenario. Todos tentamos cantar a mesma canción o Cuco do álbum de Xose Lois Seixo.

miércoles, 5 de mayo de 2010

As formigas


"Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra."
Esta é a síntese da obra de teatro de Manuel Lorenzo adaptación do conto "A pedra e as formigas" de Jacobo Fernández Serrano que fomos ver representada pola compañia de teatro Casa Hamlet.
Este libro xa o leramos na clase e gustáranos moito.
Mirade que atentos e atentas estabamos e que ben o pasamos



domingo, 2 de mayo de 2010

María Pita

Unha das actividades ofertadas polo concello dentro do programa "COÑECER CORUÑA" é a visita a MARIA PITA .
Como veredes nas fotos os nenos /as pasáronno moi ben e aprenderon moitas cousas da historia da nosa cidade.