lunes, 21 de diciembre de 2009

Grandes éxitos

Se necesitan levar un grupo para Eurovisión, ofrecémoslles os nosos estupendos e estupendas cantores.
Para que sigan ensaiando na casa a letra é esta:

Por un camiño de po, area e sol
Veñen tres reis magos montados nun camión
Pinchóuselles a roda, paróuselle o motor
que ninguén se preocupe, vaino arranxar Melchor
De alí a un anaquiño, volveron a arrancar
cargados de xoguetes Gaspar e Baltasar



Se este non vos vale e preferides saber como cantaban os de 5 anos premede aquí

sábado, 19 de diciembre de 2009

O carteiro Real

O venres pasado veu o Carteiro dos Reis Magos a buscar as cartas ao noso colexio.
Dixémoslle que todos foramos moi bos,así que esperamos moitos regalos.
Estas son as fotos.


domingo, 29 de noviembre de 2009

O Magosto

Volvemos a contarvos cousas!!!
Este ano quixemos facer coincidir a festa do Samaín coa do magosto. Pasámolo moi ben. Ata a que non quería experimentar, experimentou e disfrutou.
Usamos como fío condutor o libro da editorial OQO, Corre, corre cabaciña e aprendimos a canción que lles gustou moito.
Mirade as fotos da festa



miércoles, 17 de junio de 2009

A festa da froita

Non, non nos estamos a confundir. Non era o antroido, só que pensamos que para transmitirlles aos nenos e as nenas hábitos alimenticios saudables, tiñamos que facelo coma se fose unha festa e se para comer froita hai que disfrazarse pois... Nos disfrazamos do que faga falta!!

sábado, 11 de abril de 2009

Visita ao paxariño Ole

O paxariño Ole mandounos unha carta invitándonos a visitalo na súa casa da Biblioteca da Sagrada Familia.
Cando chegamos as bibliotecarias estaban esperándonos e moi caladiños fomos espertar ao paxariño que nos ensinou moitos libros e prestounos outros para levar á nosa escola.
Cando nos contaban os contos estabamos moi atentos pois nos gustaban moito.
E para despedirnos cantámoslle a Ole e ás bibliotecarias amigas do paxariño a canción del "Lobito Bueno"




E mirade o ben que o pasamos



domingo, 29 de marzo de 2009

Antroido

Os nenos e nenas de educación infantil do colexio decidimos disfrazarnos de lúas, soles e estrelas conmemorando o ano da astronomía.
Mirade que guapiiiisimos e guapiiiisimas iamos.

martes, 17 de marzo de 2009

Nos xardíns de Méndez Núñez

Non só aprendemos cousas no colexio. Outras veces as nosas mestras nos levan ao xardín para que aprendamos outras cousas sobre as árbores e as flores. Co programa de Aprender en Coruña fomos os xardíns de Méndez Núñez

miércoles, 18 de febrero de 2009

Vimos unha obra de teatro

Os pais de Paloma da clase do laciño laranxa viñeron a representarnos unha obra de teatro que nos encantou. Chamábase "Pacama" e o grupo de teatro "Katarsis"

/