jueves, 23 de junio de 2011

Galletas de chocolate

Para celebrar o fin de ciclo, que mellor que facer galletas de chocolate !
A receita era moi doada, como iredes vendo nas fotos, só tiñamos que fundir o chocolate un minuto no microondas, remexer, decorar con amendoa, lacasitos, virutas etc. meter no conxelador catro minutos e...a comer!!
Que aproveite!!
UN bico moi grande a todos e ¡FELIZ VERÁN!

domingo, 29 de mayo de 2011

Vexo-vexo no monte de San Pedro

O día 25 fomos ao monte de San Pedro para observar os animais e as plantas que viven alí. A nosa sorpresa foi moi grande ao ver as plantas e os animais .
Vimos romero,unha planta moi invasiva chamada uña de gato, eucaliptos, pinos, toxos, dente de león, unhas flores rosas chamadas dixitais, unhas árbores no bosque dos duendes chamadaos pitosporos e tamén pinos.
De animais vimos uns coellos,uns paxaros chamados lavandeiras,ras e peixes no estanque e moitas xoaniñas.
Como podedes observar, os nenos da clase de Begoña non saen nas fotos, eso foi debido a un problema de infrastutura que tivemos,pero disfrutaron igual da saída.E rematamos ¡como non ! no parque infantil.


Teatro Colón

O martes pasado fomos ao Teatro Colón para ver a obra: "Cando chove e raia o sol "  da compañía Viravolta Títeres.
A obra empeza cun terrible accidente que sucede no Pazo do Calendario ¡O calendario caeu  todiño polo chan! A  partir de aí, o tempo, anda ¡todo revoltiño! . Menos mal que Martiño, a súa mascota o galo, os nenos e as profes axudamos a poñer os meses en orde outra vez.
As fotos do teatro son poucas, pois non estaba permitido sacalas, pero como vedes, despois completamos a visita cun ratiño de parque.

Visita aos Cantóns de A Coruña.

Esta vez a visita aos Cantóns  fixémola en datas diferentes.A clase de Begoña un día e as clases das "Rosas" outro día.Como vedes o tempo tamén era diferente e a natureza mostraba diferentes aspectos.
Ademais de observar a natureza as monitoras explicáronlle aos nenos moitas cousas da historia da cidade e do significado do Obelisco.
Para rematar a visita os nenos fixeron un puzzle xigante e voltamos a escola.

miércoles, 4 de mayo de 2011

A Ratiña Presumida

O equipo da biblioteca do colexio para conmemorar o día do libro decidiu representar unha obra de teatro de sombras baseada no conto popular:A Ratiña Presumida.
A profe Chelo era a que lle puña a voz á Ratiña, a profe Ángeles era a que facía os sons dos animais, Begoña era a narradora e Gala a encargada da luz e do son.
A obra quedou moi chula e as fotos o demostran.

domingo, 1 de mayo de 2011

Planetario

Por fin chegou o día da visita tan esperada!. O Planetario
Cando chegamos a alí non nos proxectaron " A noite do vampiro" senón "O mundo de Fugaz" xa que este programa era máis axeitado para nós.
É así foi, pois a estreliña Fugaz presentounos a súa amiga a Osa Maior, a Osa Menor, a Hércules, ao Dragón, aos Planetas, aínda que xa os coñeciamos moi ben. Tamén invitounos a bailar, a xogar a ruleta cos planetas e a cantar esta canción tan linda que está no video de abaixo.
Espero que vos gusten as fotos. Son poucas xa que dentro non nos deixaban sacalas



Concerto didáctico:"Medrando con cancións"

Este ano o noso concerto tiña por título MEDRANDO CON CANCIÓNS , e nel escoitamos cancións populares de toda a vida coma "A reina Berenguela ", "Estaba el señor don gato", "caracol, col, col" e moitas máis das que xa cantaban os nosos pais e as nosas profesoras cando eran pequenas.

sábado, 12 de marzo de 2011

Hi,ho.Hi,ho.

Hi,ho,hi,ho ao cole a traballar...
Todos traballamos moito,e as nais moito máis,pero como vedes mereceu a pena ,pois pasamolo moi ben na festa do antroido.

domingo, 20 de febrero de 2011

Día da Paz

Que marabilla.
Nin Ana Belén. Nin Quilapayún poderían mellorar o noso poderío cantando A Muralla. Unicamente deixaba algo que desexar a versión en galego da poesía orixinal de Nicolás Guillén.
Mirade a orixinal e a nosa


viernes, 11 de febrero de 2011

Grande, máis grande!

Como cando tiñamos tres anos os pais de Paloma viñeron a nosa escola para representar unha obra de teatro. Este ano a obra que representaron chamábase: Grande, máis grande!.
A obra foi preciosa. Os nenos e as nenas o pasaron xenial.
Moitas grazas a Carolina e a Kevin de parte de todos e todas.
Contamos con vós o ano próximo!.
As  fotos dos nenos vendo a obra non son moitas pois estabamos moi concentrados atendendo a obra.

domingo, 30 de enero de 2011

Casa das ciencias

Din que a primeira vez é a máis bonita. A primeira vez que fomos visitar a casa das ciencias os comentarios eran "Que chulada! Vaia pasada! Isto encántame!".
É certo. Mentres estén no Maria Barbeito (e despois no instituto tamén) visitarán moitas veces a casa das ciencias pero ningunha será como esta primeira.
Xogamos e observamos o Péndulo de Foucault, unha incubadora con pitiños, as cordas dunha guitarra, un papaventos, a bola tola, a campá de Gauss, camiños de luz, xogos de película e moitos máis.
Pero vos o que queredes son fotos. Aí van.

domingo, 2 de enero de 2011

A Panxoliña

O último dia de clase fomos todo o colexio ao pabillón polideportivo a facer un festival de nadal .Os nenos e nenas de cada curso cantabamos unha panxoliña distinta,a nosa chamábase "SOBRE O SOL E A LÚA" de
Suso Vaamonde.
Espero que vos gusten as fotos da preparación e da actuación.

Visita Carteiro Real

Como este ano fomos moi bos e xa tiñamos as cartas dos Reis Magos feitas decimos chamar ao Carteiro Real para que llas fixera chegar.Agora xa só queda esperar...