Se necesitan levar un grupo para Eurovisión, ofrecémoslles os nosos estupendos e estupendas cantores.
Para que sigan ensaiando na casa a letra é esta:
Por un camiño de po, area e sol
Veñen tres reis magos montados nun camión
Pinchóuselles a roda, paróuselle o motor
que ninguén se preocupe, vaino arranxar Melchor
De alí a un anaquiño, volveron a arrancar
cargados de xoguetes Gaspar e Baltasar
Se este non vos vale e preferides saber como cantaban os de 5 anos premede aquí
2 comentarios:
Ola, Rosa! Son Mar, a nai de Simón e Xoel e quérovos recomendar www.chirlomerlo.blogspot.com por se non o coñecedes.
Bicos de Simón e de Xoel, seguen preguntando por María Barbeito e demais pero están contentos. Parabéns polo traballo ben feito!!!
Moitas grazas Mar,comentarios así sempre da gusto lelos.
O blog pareceunos moi interesante.
Os nenos da escola preguntan moitas veces por Xoel e por Simón,se tes ocasión acercaos un día .
Moitos bicos para todos.
Publicar un comentario