
"Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra."
Esta é a síntese da obra de teatro de Manuel Lorenzo adaptación do conto "A pedra e as formigas" de Jacobo Fernández Serrano que fomos ver representada pola compañia de teatro Casa Hamlet.
Este libro xa o leramos na clase e gustáranos moito.
Mirade que atentos e atentas estabamos e que ben o pasamos
No hay comentarios:
Publicar un comentario